LIMAIA PON EN MARCHA UN MASTER DE ANIMACIÓN 2D

17 / 01 / 2008

Limaia Produccións promove un master de animación tradicional, co que pretende encher o baleiro formativo que Galicia sufre neste terreo.

Ó longo de 800 horas os alumnos poderán aprender tódalas disciplinas necesarias para poder acceder á profesión, dentro dun programa completo e elaborado que non quere deixar ningún oco na ensinanza do 2-D. Para elo conta coa presenza de profesionais de prestixio que impartirán as distintas materias que conforman o curso. Todo isto estructurarase dándolle especial importancia á práctica, sen esquecer a teoría, engadindo obradoiros, relatorios e análise de material audiovisual.. As clases terán lugar nas instalacións de Limaia, que contan cos espacios máis axeitados para desenrolar as actividades (Aula, plató e estudio) e con tódolos materiais que vai a precisar o alumno (material de debuxo, mesa de luz e equipo informático).

Se estás interesado contactade con nós en master2d@limaia.es Ou ben no teléfono 647 97 85 97. Prazas limitadas. (Para ampliar esta información www.limaia.com)

Categoría: Noticias
Etiquetas: