O portal de internet fixo público o pasado 5 de xaneiro a lista de títulos premiados entre os que se atopan dúas películas de Continental
Dúas das producións de 2007 de CONTINENTAL foron elexidas como as mellores obras do 2007 en diferentes categorías nos premios que fallou o portal español de internet adicado ao cine Cien de Cine.

CONCURSANTE, dirixida polo xove director galego Rodrigo Cortés, foi a gran gañadora ao facerse cos premios de Mellor Película e Mellor Director na categoría de Premios Nacionais que foran elexidos polos membros da redacción do portal. Concursante, que é a primeira incursión na longametraxe do seu director, foi presentada na pasada edición do Festival de Málaga en marzo do ano pasado, tendo unha gran acollida de público e crítica.

Na categoría de Película Máis Arriscada, resultou gañadora a película de animación DE PROFUNDIS, que dirixiu Miguelanxo Prado e conta coa música composta por Nani García. Esta innovadora longametraxe de animación vén de participar en Competición Oficial no festival italiano de animación Future Film Festival e proximamente estará presente noutro festival na República Checa.

Estes premios veñen a confirmar a calidade das últimas producións de Continental, tanto na área de cine como na de animación.

Se precisades máis información, non dubidedes en contactar con Bea Cavanillas no 91 474 54 15 ou beatriz.cavanillas@continental-producciones.es