PROXECCIÓN DE ‘UNO ROJO:DIVISIÓN DE CHOQUE’ DE SAMUEL FULLER O 5 DE MAIO

4 / 05 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) proxecta o mércores día 5 a partir das 20.30 horas a versión longa do filme de Samuel Fuller UNO ROJO: DIVISIÓN DE CHOQUE (1980), unha montaxe estreada no Festival de Cannes 2004.

THE BIG RED ONE / UNO ROJO: DIVISIÓN DE CHOQUE    
(Estados Unidos, 1980)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Lorimar Productions. Fotografía: Adam Greenberg. Intérpretes: Lee Marvin, Mark Hamill. Duración: 113 e 158 minutos.
Catro soldados da división de infantaría combaten conducidos polo seu sarxento a través dos campos de batalla de media Europa. O último filme bélico de Fuller contén unha sagaz estrutura cíclica e itinerante ao tempo que, cheo de crueza e realismo, como a guerra mesma, se amosa biorrítmico, epidérmico, fluído e salpicado de momentos memorables. Vello proxecto do autor (en 1957 Zanuck e John Wayne estiveron preto de levalo a cabo), a intervención do entón influente Peter Bogdanovich facilitou a súa realización.

Categoría: Noticias
Etiquetas: