O documental LIRA”, reserva de Vida na costa da Morte, dirixido por Marcos Gallego, emitirase no espazo Galicia.Doc”da TVG o vindeiro mércores día 5 de maio ás 00:30 horas da noite.

 “LIRA” é unha produción de SAGA TV coa participación financeira da TVG. As gravacións  principais do documental leváronse a cabo nos meses de Maio, Xuño e Xullo de 2009 con equipos de Alta Definición.

Na actualidade, o documental, de 56 minutos de duración, está seleccionado no festival  ECOZINE, Festival Internacional de Cine y Medio Ambiente de la Ciudad de Zaragoza.

O espazo “Galicia.Doc” ofrecerá tamén un debate posterior á emisión do documental, moderado polo xornalista da TVG Luis Menéndez, coa participación entre outros do autor do documental.

 

FICHA TÉCNICA

Duración.- 56 min.

Formato.- Alta Definición (HDCAM). Emisión por TVG enDVCPRO50, PAL.

Idioma.- Galego (V.O.)

Sinopse.- Para os mariñeiros de Lira, na Costa da Morte, o Prestige foi a oportunidade de  Mudar a súa relación cun mar esmorecido pola contaminación e a sobrepesca. A creación da primeira Reserva Mariña de Interese Pesqueiro, chamada Os Miñarzos, a petición da propia comunidade pesqueira artesanal, converteunos nun exemplo internacional de innovación no sector. Mais tódolos procesos de cambio necesitan dun tempo e levan aparelladas tensións e conflictos. Os mariñeiros e as mariscadoras de Lira, principais protagonistas deste documental, debuxan a actualidade dun proceso transcendental para as comunidades pesqueiras artesanais en todo o mundo, pero tamén para unha grande parte da sociedade, cada vez máis consciente da sobre-explotación dos océanos e da extinción das especies.

Produción.- SAGA TV S.L. e Televisión de Galicia S.A.