O xoves día 6 de maio ás 12 horas terá lugar no Bar Fortes de Cans (O Porriño) a presentación do VII Festival de Cans, na que se fará pública toda a programación cultural deste ano.

O acto de presentación contará coa participación do alcalde de O Porriño, Nelson Santos;  o director-xerente de Agadic,  Juan Carlos Fernández Fasero;  o director de marketing de Estrella Galicia, Santiago Miguélez;  o director do Festival de Cans, Alfonso Pato; a presidenta da A.C. Arela; e a actriz e membro do xurado do festival, María Tasende, entre outros representantes do Consorcio Audiovisual de Galicia.

.