O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta mañá venres día 30 de setembro (20.00 horas) o número especial que a revista especializada “Secuencias” dedica ao cine no espazo da arte, coordinado por Antonio Weinrichter. O acto contará coa presenza de Daniel Sánchez Salas, director da publicación, e o comisario de arte Alberto Ruiz de Samaniego. Aparece ilustrada pola proxección do melodrama de mulleres no Irán do golpe de estado de 1953 Women without men (2009), León de Prata en Venecia 2009, pertinente na súa revisión dunha das artistas expresión desa flutuación entre museos e festivais de cine, Shirin Neshat. A entrada é gratuíta.

WOMEN WITHOUT MEN

(Francia-Alemaña-Austria, 2009)

Dirección: Shirin Neshat, en colaboración con Shoja Azari. Guión: Shoja Azari e Shirin Neshat, sobre a novela homónima de Shahrnush Parsipur. Produción: Essential Filmproduktion Gmbh, Coop99 Filmproduktion, Rommel Fiolm, Société Pariesenne de Production, EMC Produktion e Agora Films. Fotografía: Martin Gschlacht. Intérpretes: Shabnan Toloui, Pegah Ferydoni. Duración: 96 minutos.  
A historia de catro mulleres nos días do golpe de estado de Irán de 1953 que consolida o poder imperialista na rexión e a propia tiranía do Sha. Unha magnífica aproximación á situación da mulleres na outrora Persia nun relato evocador, delicado, onírico e cheo de penetrantes compoñentes políticos, culturais e históricos, dirixido pola artista Shirin Neshat que ilustra o especial que a publicación especializada Secuencias dedica ao “cine no espazo da arte”. León de Prata en Venecia. Música de Ryuchi Sakamoto.