O 16 Festival de Cine Internacional de Ourense presenta as actividades profesionais que desenvolverá fóra da súa programación cinematográfica nesta decimosexta edición.
Unha reunión europea de festivais de cine, charlas e debates sobre a creación de contidos, a súa difusión, comercialización e aspectos referidos aos dereitos concentran a nosa oferta para 2011.

Martes, 18 de outubro

A propiedade intelectual e os Creative Commons.
David Bravo.  Avogado experto en propiedade intelectual.

Novas narrativas para novos soportes.
- María Yañez. Produtora de contidos dixitais.

 

Mércores, 19 de outubro.

A comercialización de contidos en rede.
- Jaume Ripoll Vaquer. Director editorial de Filmin.

A difusión online: a webserie.
- David Sainz. Director e guionista de Malviviendo.

 

Tedes máis información na web http://www.ouff.org/2011/index.php/content/view/5170/366/lang,galician/