OUFF e Cineclube Padre Feijoo proxectan mañá, mércores 8 de febreiro, ás 18.00, 20.30 e 23.00h no Cinebox o filme Four Lions,de Christopher Morris, dentro do seu ciclo de cine político.

Four Lions (U.K., 2010), Christopher Morris. 94 min. V.O.S.

Unha divertidísima comedia que narra as peripecias de catro musulmáns residentes na Gran Bretaña que deciden converterse en terroristas: uns optan por un campo de adestramento para kamikazes de Paquistán, outros tentarán adestrar corvos para que transporten bombas…