O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal organizou unha mostra de curtametraxes euroárabes para nenos en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa de A Coruña. As mostras terán lugar os sábados 11, 18 e 25 de Febreiro, todas elas ás 17,30 horas da tarde e a entrada será de balde. 

A programación destas mostras inclúe a proxección de 9 curtametraxes de diversa procedencia (Bélxica, Alxeria, Palestina, Xordania, Reino Unido, Siria, Catar e España) e cuxa temática vira contorna ao mundo árabe. Son curtas de entre 3 e 30 minutos de duración dobrados ao castelán.

O sábado día 11 será a primeira das mostras, que inclúe a proxección de 4 curtas. “Hudud” (Bélxica, 2008), sobre a vida dos nenos en Palestina; “Garagouz” (Alxeria, 2010); “Warda” (Bélxica, 2008) e “Hiyab” (España, 2005), curtametraxe que trata o tema do velo islámico nun colexio. Rawan Moh Hilmi, colaboradora do Festival Amal, estará presente na sesión para presentar as películas e responder ás preguntas dos nenos e das nenas.