PROGRAMACIÓN DO III MUFEST, FESTIVAL DE CINE FEITO POR MULLERES

7 / 02 / 2012

A asociación Andaina de Mulleres organiza a terceira edición do MUFEST (Festival de Cine feito por Mulleres), que se celebrará nas datas do 22 ao 26 de febreiro de 2012, a partir das 19.30h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) na cidade de Santiago de Compostela.

O MUFEST é un festival audiovisual que promove o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras directoras, produtoras e guionistas, onde teñen cabida curtametraxes de animación, de ficción e documentais. Apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas,  tanto sociais como culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade.

Adxunto atoparedes o programa do MUFEST 2012.

Para máis información:

www.andainamulleres.org

http://revistandaina.wordpress.com/.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: