No marco de Cine-Regio e do Festival Internacional BUFF de películas para nenos e xente nova, que terá lugar do 13 ao 15 de marzo de 2008 en Malmø (Suecia), está previsto celebrar unha reunión do proxecto KIDS REGIO, que pretende potenciar as coproducións europeas de películas para nenos e xente nova.
O Consorcio Audiovisual de Galicia é membro fundador, xunto con outras entidades públicas europeas, de Cine-Regio, unha rede europea de fondos financeiros cinematográficos rexionais cuxos membros apoian as curtametraxes, documentais, longametraxes, filmes de ficción para televisión e producións multimedia.

Asemade, Cine-Regio anima á cooperación fronteiriza entre os fondos cinematográficos rexionais e promove os intereses audiovisuais rexionais en Europa. Actualmente Cine-Regio está formado por 31 membros procedentes de 15 países europeos.

Das distintas iniciativas levadas a cabo por Cine-Regio, este ano destaca KIDS REGIO, que pretende potenciar as coproducións europeas de películas para nenos e xente nova.

Por iso, vaise celebrar unha reunión en Malmø (Suecia), nos marcos de Cine-Regio e do Festival Internacional BUFF de películas para nenos e xente nova, que terá lugar do 13 ao 15 de marzo de 2008, e en colaboración con Film i Skåne e co Foro Financeiro BUFF.

O obxectivo desta reunión experta é explorar as condicións, posibilidades e intereses nas rexións/estados dos membros de Cine-Regio en relación á financiación, os apoios gobernamentais, a produción, a distribución e os programas de formación para películas de nenos e xente nova. Aínda é máis, preténdese iniciar unha nova rede que axudará a mellorar as bases para valiosas e prometedoras coproducións europeas.

Ao Foro Financeiro, pola súa banda, asistirán diferentes financers e expertos. Os interesados poden solicitar o dossier do cos proxectos que se presentan e os datos de contacto dos financers asistentes e dos expertos ao Consorcio Audiovisual de Galicia.