PRESENTACIÓN DE «LEÑAVERDE» NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

6 / 03 / 2008

Mañá vernres día 7 ás 21: 30 horas celebrarase na Fundación Luis Seoane a presentación de “Leñaverde”, coa presencia de Albero García, responsable do proxecto, así como diferentes colaboradores (Omar Rabuñal e Diana Sieira en audiovisuales, Brais Rodríguez en liña gráfica e outros…)
O acto contará coas seguintes proxeccións:

– Trailer sobre “Leñaverde”: «De construcción», editado por Control Z.
– Audiovisuais de “La Llave”, proxecto vinculado por artistas a “Leñaverde”.
– Curtas de producción propia do plan audiovisual ACCIÓN!!, derivado audiovisual de “Leñaverde”: «Somnium», de Toño Chouza, finalista en notodofimfest.com, «Cores», de Jairo Iglesias, gañador do concurso de curtas ACCIÓN!! 2007, e «Leo», curta de animación en plastilina de Fernando Cortizo, coproducida por Artefacto e Acción!, e con bonecos diseñados por Bisgue, un dos máis fértiles artistas boireses. Tamén o videoclip «Kommies» da Banda de Poi.
– Debuxos e fotos de artistas “Leñaverde”

Despois disto, ás 23.00h, celebrarase un fin de festa no pub Desquite, situado na rúa do Tren, no que contaremos coa música altamente bailable de Sisco DJ.

”Leñaverde” é un proxecto cultural boirés, xestionado polo concello a través das áreas de mocidade e cultura, e por 35 novos creadores da comarca do Barbanza, que dende o ano 2000 xa consegui varios obxectivos:

2000
Fase 1: achegamento á xuventude.
Programa sociocultural de activación da mocidade a través da Cultura.

2003
Fase 2: creación da rede comarcal de novos creadores.
Apoio á creación e difusión de novos valores.

2006
Fase 3: a perspectiva profesional.
Posta en marcha de “LeñaverdEdicións”.

Edicións gráficas
Catálogo nº1: “Rede comarcal de novos creadores”.
Catálogo nº2: “Cultura guerrilla, arte de rúa no Barbanza”.
Xestión directa do Concello de Boiro a través de grupos creativos informais.

Edicións audiovisuais
Paquete de curtas Boiro2005.
Paquete de curtas Boiro2006.
Xestión indirecta a través da ILE audiovisual de nova creación “Fungo”.

Edicións musicais
Maquetas propias e difusión web con licencias libres de grupos da comarca.
Promoción de novos grupos.
Xestión indirecta a través de escola de música- “coop. Xarelo” .

2008
Fase 4: O Sindicato, centro comarcal de novos creadores.
Establecemento dun centro de creación debidamente dotado que sirva de dinamizador da comarca cunha planificación integral e unha xestión participada.

Mais información de “Leñaverde” en www.todofume.com

Categoría: Noticias
Etiquetas: