Dous alumnos da Escola de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos O Raio Verde serán premiados pola Escola Galega de Consumo tras resultar entre os gañadores do concurso a prol dos dereitos dos consumidores.

Joseva Sorli Alcantud, alumno do segundo curso de Produción Audiovisual de O Raio Verde, recibirá o terceiro premio da Modalidade C “Vídeos” pola súa obra Marioneta de consumo. Asemade, o alumno José Santos Martínez, de 2º de Producción e Espectáculos, recibirá o premio Accésit por Comercio Libre.

A entrega de premios celebrarase o vindeiro 12 de febreiro ás 12:00 horas na Escola Galega de Consumo (Avenida Gonzalo Torrente Ballester 1-5) en Santiago de Compostela.