Tic Tac Producciones e Lagarto Cine comezaron a rodaxe do documental “Tra-las luces” da directora Sandra Sánchez, que recolle a vida dos últimos nómades do noso tempo, os feirantes.
Este documental viaxa xunto a eles de feira en feira, de pobo en pobo. Galegos, estremeños, portugueses, xitanos, húngaros, bolivianos e romaneses. Donos e traballadores de distintos xogos de atracción que cada ano percorren as festas dos distintos pobos e aldeas da xeografía española e portuguesa. Familias enteiras que se gañan a vida de sitio en sitio, viaxando en caravanas e pequenas cidades ambulantes. Unha vida chea de itinerancia permanente.

A rodaxe de “Tra-las luces” estenderase ata outubro, cando termina a tempada de feiras.

“Tra-las luces” conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e do Programa Ibermedia.