O CGAI PROXECTA LA RÉGION CENTRALE DE MICHAEL SNOW

19 / 12 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), proxecta o venres 20 de decembro ás 20h “La région centrale” (1971) de Michael Snow, un clásico do cine experimental, dentro da sección “Desencadres: últimas fronteiras”. LA RÉGION CENTRALE

(Canadá, 1971)
Dirección, guión e produción: Michael Snow. Fotografía: Pierre Abbeloos. Duración: 190 minutos.  
Un dos filmes lendarios que ligan documental e vangarda. Bautizada no ultimo catálogo de Rotterdam como “a película experimental máis espectacular realizada en calquera lugar do mundo”, foi rodada cunha cámara robotizada situada no alto dunha montaña no deserto canadense, en pleno inverno. Snow controlaba o movemento dun brazo mecánico da cámara co que mostraba leves rutinas. Dicía que o seu obxectivo era amosar o tipo de imaxes que unha nave extraterrestre chegada á Terra enviaría ao seu planeta de orixe. Un filme fascinante, único, inesquecible.

Categoría: Noticias
Etiquetas: