Comeza a terceira edición do programa de cine ao aire libre para o verán na cidade de Ourense: o Baixo as Estrelas. A primeira sesión, este venres 1 de xullo, correspóndelle á Escola Superior de Cine e Audiovisual de Catalunya (ESCAC), que nos achega unha escolla de oito curtametraxes. A asistenza é libre e de balde.

ESPIZ |15 min. | Dirección e guión: Martín Gutiérrez | Produción: Ingride Santos (Escándalo Films)| Fotografía: Maite Sánchez | Montaxe: Iker Insausti | Intérpretes: Biel Durán, Roger Casamajor, Iskra Lahosa. Sinopse: Jon e Santi son amigos da infancia. Jon descobre unha vida máis adulta a través da súa vida en parella con Silvia. Cando as cousas empezan a fallar tenta volver ao momento de partida, pero este desapareceu.

TODO QUEDA EN FAMILIA |13 min. | Dirección e guión: Luis Fabra | Produción: Ana Pfaff, Ariadna Ribas (Escándalo Films)| Fotografía: Martín Gutiérrez | Montaxe: Jordi López | Intérpretes: Chete Lera, Blanca Martínez, Alejandro Cano. Sinopse: Para un home de valores morais tradicionais, a sospeita de que o seu fillo é gai pode converter un agradable día familiar nun molesto inferno particular no que descubrirá até onde é capaz de chegar polo seu fillo.

SINCERIDAD | 12 min. | Dirección e guión: Paco Caballero | Produción: Marina Montalà, Jessica Bonet (Escándalo Films)| Fotografía: Roberto San Eugenio | Montaxe: Carlos Agulló | Intérpretes: Raúl Arévalo, Alicia Rubio. Sinopse: Quim e Yolanda volven reiniciar a súa relación tras unha ruptura de once meses na que non souberon nada un do outro. Para que esta vez todo funcione deciden ser sinceros e contarse todo o que pasou.

DOS DE DOS |13 min. | Dirección e guión: Denise Castro | Fotografía: Iñigo Zubicaraye | Montaxe: Francesc Sitges-Sardà | Produción: Jone Muñiz, Marta Marcè (Escándalo Films) | Música: Marc Álvarez | Intérpretes: Anna Allen, Pablo Derqui, Pau Roca. Sinopse: Non che podo comprender, corazón tolo. E eles tampouco. Non podo explicar como os podes amar, tan tranquilamente. Como se pode querer dous homes á vez. E non estar tola…

LUCILLE |10 min. | Dirección e guión: Albert Pintó | Produción: Luis Fabra (Escándalo Films)| Fotografía: Miquel Prohens | Montaxe: Jordi López | Intérpretes: Gorka Moreno, Alba Yáñez, Pol Rodellar, Joan Carles Suau, Oriol Talló.
Sinopse: César, un mozo perdido nun mundo de fantasía, fará todo o que estea nas súas mans para lograr o amor da súa vida, Lucía, ou como el a chama, Lucille.

MIÉRCOLES: SCORSESE | 21 min. | Dirección e guión: Jordi López | Produción: Laura Diego (Escándalo Films)| Fotografía: Georgina Acero | Montaxe: Tomás Muñoz | Intérpretes: Adolfo Fernández, Miguel Ortiz, Bernat Quintana. Sinopse: Antonio sofre de cancro, un proceso que lle arrebatou o seu físico e a súa persoa, unha condición na que o seu fillo Carlos xa non recoñece o home que foi o seu pai. Pero un bo día ráchase esa monotonía.

PABLO |4 min. | Dirección: Nely Reguera | Guión: Nely Reguera | Produción: Aritz Cirbián (Escándalo Films)| Fotografía: Pau Castejón | Montaxe: Francesc Sitges-Sardà | Música: Maikmaier | Intérpretes: José Ángel Egido, Pablo Derqui, Carla Pérez, Maria Teresa Urroz.
Sinopse: Unha familia, das que se pode considerar normais, tenta por todos os medios recuperar a súa normalidade.

MECANOESCRIT V 2.1 |16 min. | Dirección, guión e montaxe: Juan Irache | Produción: Julia Aragay, Lara Saborido (Escándalo Films)| Fotografía: Roberto San Eugenio | Intérpretes: Enric Arquimbau, Pep Papell, Sara Montalvo. Sinopse: Nin a escalada nuclear, nin a guerra bacteriolóxica, nin o quecemento global. Un evento de orixe descoñecida acaba coa maior parte da vida na terra. Dous homes, que se atopan trala hecatombe fantasean con repoboar o mundo.

As proxeccións terán lugar mañá, venres 1 de xullo, na praza de San Martiño ás 23.00h.