O CGAI REMATA HOXE A SÚA PROGRAMACIÓN CON “LA VIDA ÚTIL”

30 / 06 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe remata hoxe xoves día 30 de xuño a súa programación desta temporada coa proxección (2 pases: 18.00 e 20.45 horas) de “La vida útil” (2010) de Federico Veiroj. A programación regresa no mes de setembro.

LA VIDA ÚTIL    

(Uruguai-España, 2010)
Dirección: Federico Veiroj. Guión: Inés Bortagaray, Federico Veiroj, Arauco Hernández e Gonzalo Delgado. Produción: Cinekdoque. Fotografía: Arauco Hernández. Intérpretes: Jorge Jellinek, Manuel Martínez. Duración: 70 minutos.
Co auxe do formato dixital, unha filmoteca ten que afrontar as transformacións que acontecen. A vida dun traballador desa filmoteca en Montevideo, Jorge, vai mudar drasticamente. Un filme libre, que acepta os desafíos e reinvencións da modernidade (formal, temática, descursiva) cunha composición depurada e multixenérica.   

Categoría: Noticias
Etiquetas: