118 OBRAS DE 45 PAÍSES COMPETIRÁN NA SECCIÓN OFICIAL DO 16º FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE

5 / 09 / 2011

118 obras de 45 países competirán nas cinco categorías oficiais de longametraxes,  documentais, curtametraxes, animación e novos media, do 16º Festival de Internacional de Ourense, que se desenvolverá do 14 ao 23 outubro en diferentes espazos da cidade. O cartel desta edición está inspirado na película Shirin, Kiarostami.

Un dos eixes centrais ol 16º Festival de Cine Internacional de Ourense será a súa sección oficial competitiva, que se estructura en cinco apartados para os que foron seleccionados 118 traballos de 45 países, entre os preto de 2.000 de todo o mundo que se inscribiron durante a convocatoria. No de longametraxes participarán 10 títulos, ningún deles español. Son os alemáns Vergiss dein ende, de Andreas Kannengiesser, e Das lied in mir, de Florian Cossen, o suízo 180º, de Cihan Inan, o ruso Siberia, mon amour, de Slava Ross, o búlgaro Podslon, de Dragomir Sholev, a coprodución entre Serbia, Rumanía e Austria Ako Zrno Ne Umre, de Sinisa Dragin, o franco-arxelino Quelques jours de répit, de Amor Hakkar, el argentino Fase 7, de Nicolás Goldbart, o estadounidense The Off Hours, de Megan Griffiths, e o iraní Marham, de Alireza Davoodnejad. Na categoría de documentais, con 13 finalistas, exhibiranse os españois La broma infinita, de David Muñoz, e Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine, o hispano-brasileiro Brasil somos nós, de Robert Bellsolá, e o hispano-estadounidense The Odysseus’ Gambit, de Alex Lora. Os seus rivais serán o italiano Almost Married, ol francés Pandore, o británico The Boy Mir – Ten Years In Afghanistan, a coprodución entre Holanda e Bélxica Smakelijk Eten! Hoe Voedsel De Wereld Verandert, o suízo-estadounidense An African Election, o xermano-iraní The Green Wave, a coprodución entre Chile, Francia, Cuba e Holanda El edificio de los chilenos, a coprodución entre Panamá e Arxentina Empleadas y patrones, e o chileno Ojos rojos. Na categoría de animación competirán 29 obras, entre elas as españolas Amár, de Isabel Herguera, Birdboy, de Pedro Rivero, En algún camino, de Felipe Rojas, Vicenta, de Sam, e a coprodución con Arxentina Gato encerrado, de Peque Varela. Na competición de curtas de ficción, entre os 45 seleccionadas este ano figuran os españois ¡Al quinto!, de Ignacio Estaregui, Amistad, de Alejandro Marzoa, De balas y gatillos, de Jorge Cassinello, El grifo, de Denis Rovira, Garabolis, de Alfredo Pardo, Je déteste, de Juan Manuel Aragón, La huída, de Víctor Carrey, La importancia de ser Ornesto, de Nacho Sinova, Matar a un niño, de César e José Esteban Alenda, ¿Te vas?, de Cristina Molino, Tourettes, de Martín Fiallega, Una historia sin palabras, de Pepe Carrasco, e Ventura, de Diego Pérez. Por último, no apartado de novos media participan 21 obras, entre elas as españolas Back, de Vicent Gisbert Soler, Canto de permanencia, de Carlos Seijo, e Ich allein auf fremde Wegen, de Félix Fernández. Como novidade, os finalistas nesta última categoría serán exhibidas por primeira vez no Museo Municipal e de maneira gratuíta, nun esforzo por repensar a forma de chegar ao gran público.

Categoría: Noticias
Etiquetas: