O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, explicou onte no Parlamento de Galicia, as liñas prioritarias de acción do seu departamento. O anuncio máis relevante do conselleiro é que “imos a iniciar os trámites para a creación dunha ventá única para o sector audiovisual galego, atendendo ás históricas demandas das empresas e aos acordos nesta Cámara. Nese senso, procederemos á supresión do Consorcio Audiovisual de Galicia, para integrar as súas funcións na Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)”. Tras destacar que “a partir de agora o incentivo e a internacionalización do sector teñen unha única dirección e un único interlocutor”, o responsable de Cultura e Educación dixo que se trata dunha decisión da administración autonómica encamiñada a facer unha xestión eficiente dos recursos existentes, aplicando “máis rigorosidade e control do gasto que nunca”.

Tedes máis información ó respecto en  http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/18785/xesus-vazquez-abad-anuncia-integracion-agadic-das-funcions-consorcio-audiovisual