As curtametraxes “Al Madina” e “Khalid”, que formaron parte da selección oficial do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal celebrado en Santiago de Compostela en outubro de 2011, proxectaranse no seo da Mostra de Cine e xornalismo Euroárabes en Madrid. Unha actividade que organizan o propio Festival Amal, a Federación de Asociacións de Xornalistas de España e a Asociación de Xornalistas e Escritores Árabes en España, que xurdiu co obxectivo de achegar a cultura euroárabe ó público de Occidente.

O ciclo, que reúne un total de sete películas documentais, e que comezou o pasado 26 de xaneiro, celebrarase a razón dun xoves ó mes no auditorio do Centro Internacional de Prensa de Madrid (calle María de Molina, 50; 2ª pranta). Esta será a segunda cita.

Cada unha das proxeccións, con hora de inicio ás 18.30 horas, estará precedida dunha conferencia dedicada a analizar a historia recente do país protagonista do cartel. Neste caso, será o Embaixador de Marrocos, Ahmadou Souilem quen, ás 11.00 horas, imparta unha conferencia sobre a situación de Marrocos.

O director de “Al Madina”, Gonzalo Ballester, permitirá que o público coñeza a realidade da poboación emigrante gracias a súa curta documental de 14 minutos. Na curtametraxe “Khalid”, Daniel Gräbner encárgase de facer unha parábola sobre o paso á idade adulta e á desigualdade de oportunidades np mundo.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

XOVES, 15 DE MARZO. Egipto: Erhal. Diario de la Plaza Tahrir. Marc Almodóvar

XOVES, 12 DE ABRIL. Palestina: Esta es mi tierra, Hebrón. G. Amati y S. Natanson

XOVES, 17 DE MAIO. Palestina: La pequeña ciudad de Belén. Jim Hanon

XOVES, 14 DE XUÑO. Irak: Cámaras contra armas. Nikos Megrelis.