I XORNADAS SOBRE ECONOMÍA DE GUERRA, PROPOSTAS ALTERNATIVAS Á INDUSTRIA AUDIOVISUAL ACTUAL

14 / 05 / 2013

Dende hoxe, 14 de maio, ata o vindeiro xoves día 16 terá lugar na Coruña, na Escola de Imaxe e Son, as I Xornadas sobre Economía de Guerra, Propostas Alternativas á Industria Audiovisual Actual organizado polo colectivo Somos Os Elixidos.

Estas xornadas nacen co gallo do cambio no mundo no que vivíamos. Algo falla no sistema audiovisual que impide levar a cabo a misión inicial, os recursos diminúen ata límites que non nos permiten seguir avanzando. Así, Somos Os Elixidos ten como meta reiniciar o programa e cambialo para formar parte do futuro.

Premendo no enlace http://somososelixidos.blogspot.com.es/ tedes a programación con tódolos obradoiros destas xornadas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: