Este 2013 trouxo unha vez máis moitas satisfaccións e un éxito de convocatoria na undécima edición Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector. Actores, produtores, guionistas, directores, técnicos… que forman parte desta industria.

O 6 de abril de 2013 tivo lugar a XI edición dos Premios Mestre Mateo no Palacio da Ópera de A Coruña. A gala, dirixida por Dani de la Torre e guionizada polo propio de la Torre xunto con Araceli Gonda, case conducida polo actor Ricardo de Barreiro  e presentada pola coñecida actriz Cristina Castaño non defraudou. Desde a acción, o suspense e especialmente a comedia, teceron unha gala que deparou sorpresas de principio a fin.

Repartíronse un total de 25 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi o Xabarín Club.

Así, o espectáculo estivo amenizado coa representación do musical “Os Miserables” interpretado polos actores Xaquín Domínguez, César Goldi, Carlos Mosquera Mos, Fernando González, Alba Messa, Iolanda Muíños, Susana Dans, Tacho González e a propia Castaño, acompañados polo Coro da Ra; cunha tola isabel Risco facéndose con novas conquistas; e finalizando co famoso cántico “Somos do clube da galega” do noso querido Xabarín.

A entrega de premios transcorreu coa participación de diferentes artistas convidados coma Nieves Rodríguez, Xosé Lois Bernal “Farruco”, Nani García, Nuncy Valcárcel, Raquel Atanes, Terio Carrera, Pepo Suevos, Ledicia Sola, Marga Pazos, Marta Larralde, Sonia López, Rubén Riós, Sandra Sánchez, Lucía Regueiro, Karra Elejalde, Belén Constenla, a panda de nenos Santi Romay, Tamara Canosa, Adrián Viador, Axel Fernández, Braulio Veiga, Manuel Lozano, Darío Loureiro, Alejandro Neira, Mariña Sampedro e Ansur López; Rosa Castro, Alfonso Hermida, Monti Castiñeiras, Eva Fernández, Miryam Gallego, Sergio Pazos, Isabel Blanco, Xosé A. Touriñán e Mabel Rivera.

 

 

Patrocinadores e colaboradores

 

{loadposition patro_xipmm}

 

 

 Gala XI Premios Mestre Mateo

{morfeo 45}