Os vindeiros días 12 e 13 de decembro, en horario de 16.30 a 20.30, Xavi Giménez (Ágora”, “El Camino de los Ingleses”, “Transsiberian” ou “Palabras encadenadas”) impartirá unha masterclass de dirección de fotografía no plató da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, dentro do Foro Academia Aberta que organiza anualmente a Academia Galega do Audiovisual.

O acceso aos académicos/as é totalmente gratuíto, se ben será necesario que se envíe igualmente a folla de inscrición cuberta, pois a prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de chegada dos formularios. O prezo para os profesionais é de 30 euros, mentres que para os estudantes que o acrediten debidamente, será de 10 euros

Posteriormente entregaremos un diploma certificando a asistencia.