A CINTA GALEGA «DRAKO» PRESENTADA NAS XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA FAMILIAR

4 / 12 / 2013

O cineasta galego Francisco Brives presentou en Santiago de Compostela durante esta semana dentro das xornadas contra a Violencia familiar promovidas polo Campus Stellae a súa longametraxe, ‘Drako’, unha cinta experimental que retrata as fases polas que pasa unha víctima de maltrato. Esta historia «dura» foi seleccionada en Festival Internacional Cinetoro en Colombia, Festival Aurora en México e que se estreou a primeiros de mes nas pantallas españolas á súa vez «Drako» foi recentemente nomeada polo Festival Internacional de Cine Non Violencia e Medio ambiente de Colombia como mellor película.

«Estas xornadas en Santiago promovidas polo Campus Stellae, están sendo moi importantes para o meu, comenta o director, quería falar das víctimas, pero das víctimas que non atopan unha saída, esas que perden sempre, as que só enchen un encostado na marxe de sucesos e que ninguén explica que historia hai detrás deles» comenta Brives. «A Película é froito dunha investigación exhaustiva sobre a situación de maltrato dentro das parellas Gays e era a intención do director e o guionista visibilizar unha realidade silenciada e nunca antes recolleita no Cine.

Dentro das charlas e conferencias que realiza o Campus Stellae sobre o maltrato celebradas no Correo Galego  en Compostela, a película  foi testada polos profesionais dos Centros e asociacións de maltratadas e houbo unha total confirmación de que a cinta recolle dun xeito cru pero real unha realidade que lamentablemente non escapa á identidade de xero nin á orientación sexual das víctimas.

«Eu só espero que esta película faga reaccionar aos profesionais e concienciar ás institucións de que hai moito que facer, ademais da foto no día X para gañar votos. A realidade das víctimas é realmente un drama que ha de enfrontarse desde a educación nos colexios, detectando no máis precoz o comportamento de abuso e do ansia polo poder  por parte dos posibles maltratadores. Si non atallamos a tempo esta conducta na idade adulta o maltratador dificilmente poderá ser reinsertado», afirma o director.

 A película foi rodada en Galicia, Madrid, Parides e Berlín e está protagonizada por dous actores galegos Rubén de Mariña e o propio Brives. Ao elenco súmanse outros nomes galegos como Alfredo Meixide, Tama Sánchez e tamén Facundo Muñoz (Arxentino) e Eva Barcelo entre outros.

Cun orzamento mínimo,  asegunda longametraxe de Brives logo da tamén atípica ‘Nunc et in hora’, esta rodada en galego e castelán, aínda que, segundo explican os promotores do filme, «en Galicia non houbo interese por ser exhibida» ata esta semana que casualmente coincide coa publicación por parte da Academia das Artes Audiovisuales as Candidaturas aos premios Goya 2014, para os cales Drako opta a 14 candidaturas, entre elas a do propio Brives a mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión compartido con Chema Rodriguez, súmanse a estas as de Mellor dirección de Arte (Diego Barreira) Mellor director de Fotografia, Victor Gutierrez, mellor maquillaxe e perruquería Karolina Zumillas ect.

Francisco Brives naceu na Coruña no 1970. A súa traxectoria audiovisual desenvolveuse sempre fóra de Galicia, pero sempre intenta gardar unhas escenas nas súas obras para a súa terra. Nesta ocasión as localizacións foron en Agolada onde se documenta a saída dun funeral, unha escena que espertou o asombro e o recoñecemento da crítica, pois parece un saída dun conto. A cinta esta impregnada dunha estética moi coidada, baseada nas cores Vermello negro e branco, con predominio do vermello inspirándose unha vez máis na pintura, concretamente esta vez na de Caravaggio chea de luces e sombras como a realidade do maltrato.

Categoría: Noticias
Etiquetas: