Tras meses de preparativos e ensaios, o 28 de abril do 2012 tivo lugar a X edición dos Premios Mestre Mateo no Auditorio Gaviota do Palexco, en A Coruña. Coma é habitual, un centenar de caras coñecidas, actores, actrices, productores, demais profesionais do sector, institucións e empresas déronse cita nun día tan especial para o audiovisual.

A gala, dirixida por Ángel de la Cruz e conducida pola coñecida actriz María Castro, estivo repleto de humor e números musicais que fixo un repaso polas crises máis importantes dos últimos séculos, dende a producida por mor da Revolución Industrial no século XIX ata a presente, sempre cunha ollada de humor e optimismo: a moralexa é que calquera crise pasada foi sempre peor e, como di o noso refraneiro, nunca choveu que non escampara!

Repartíronse un total de 28 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi para Dolores Ben, Presidenta de AGAPI e propietaria das empresas Sodinor e Cinemar.

Así, o espectáculo estivo amenizado coa representación do musical “Oliver Twist” interpretado polos nenos e nenas do Coro Cantábile e coreografiado por Chedes Suárez e o seu grupo de rapaces do Centro Coreográfico Galego; con Luís Tosar co número “Si eu fose Rico”; á banda “Ardora” interpretando “Mójame de ti”; e as bailarinas do grupo de danza oriental de Marián Argüelles;

A entrega de premios transcorreu coa participación de diferentes artistas convidados coma Beatriz Manjón, Xesús Peleteiro, a panda de nenos de A Casa da Luz, María Mera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Lucía Regueiro, Luís Tosar, Mayte Cabezas, Gonzo, Fernanda del Nido, Emma Lustres, David Seijo, Isabel Risco, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Nerea Barros, Álex Carro, Javier Gutiérrez, Mónica Camaño e David Martínez.

 

Patrocinadores e colaboradores

 

{loadposition patro_mm11}

 

 

 Gala X Premios Mestre Mateo

{morfeo 44}