VOZ AUDIOVISUAL ESTREA IMAXE EN INTERNET

22 / 05 / 2012

Voz Audiovisual, produtora da Corporación Voz de Galicia, acaba de estrear páxina web. A produtora galega renovou a súa imaxe en Internet, coa posta en funcionamiento dunha nova web moi intuitiva, completa e interactiva. A páxina permite aos usuarios, ademais de coñecer os detalles das máis famosas series de televisión do momento, acceder a outras liñas de negocio da empresa, como os cursos da Escuela de Interpretación, Guión, Cámara e Realización; ou os servizos audiovisuais para empresas, instituciones e particulares.

Voz Audiovisual renovou a súa presenza en Internet. A nueva web, á que se pode acceder a través das direccións www.vozaudiovisual.com e www.vozaudiovisual.es  permite unha navegación sinxela e intuitiva, á vez que ofrece aos internautas a información máis completa. A páxina recolle, dunha maneira amena e interactiva, toda a información das diferentes áreas de traballo da empresa.

Famosa por ser a produtora de grandes fitos da televisión en Galicia, como as series Mareas vivas, As leis de Celavella, Nada es para siempre, ou as máis actuais, Padre Casares e Matalobos, Voz Audiovisual ofrece aos seus seguidores a posibilidade de acceder a conteidos exclusivos das súas ficcións favoritas.

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: