GKids, distribuidora neoyorquina especializada en películas independentes e cine de animación extranxeiro, adquiriu os dereotos da longametraxe Arrugas, de Ignacio Ferreras, para Estados Unidos. Esta venda do filme animado español únese ás realizadas pola axencia 6 Sales para Canadá (AZFilms), Rusia (RUSCICO), Latinoamérica (HBO), China (HGC) e Polonia (Adyton). Arrugas, que narra a amizade de dous anciáns nunha residencia, está baseada no cómic de Paco Roca e foi producida por Perro Verde Films, Cromosoma e Elephant in the Black Box. Dende a súa première mundial no Festival de San Sebastián recibiu numerosos galardóns, incluíndo dous Goyas ó mellor guión adaptado e á mellor película de animación, ou o recente premio á mellor película no Festival de Animación de Stuttgart. Proximamente competirá no Festival de Animación de Annecy e no Festival de Karlovy Vary. GKids distribuíu recentemente en Estados Unidos outro filme de animación español: Chico & Rita.