VOZ AUDIOVISUAL BUSCA UNHA PARELLA DE XEMELGOS PARA A SERIE “MATALOBOS”

10 / 09 / 2010

A produtora busca unha parella de bebés xemelgos de sexo masculino, que teñan ou aparenten entre catro e doce meses de idade, para a serie “Matalobos”. A parella elixida formará parte do reparto fixo da produción.

Para traballar na serie, os nenos non han de cumplir con ningunha característica física concreta, tan só ser xemelgos, varóns, e ter ou aparentar entre catro e doce meses de idade. O equipo da serie si valorará o seu parecido cos pais na fición, pero ese é un dato soamente coñecido polos guionistas. O que máis terán en conta será o carácter tranquilo dos nenos, pois terán un papel moi importante na serie.

As probas realizaránse mediante cita previa no teléfono 619.312.440 ou escribindo á raquel.pardo@vozaudiovisual.com.

Categoría: Noticias
Etiquetas: