Pontevedra foi onte a anfitrioa da gran festa anual do audiovisual galego. O seu Pazo da Cultura acolleu a VII edición dos Premios Mestre Mateo, un acto no que como é habitual reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector.

O acto arrincou con forza grazas ao grupo de música Lamatumbá e ao colectivo de artistas Pista Catro, as dúas formacións que deron ritmo á toda a velada. Os actores de Pista Catro prenderon a mecha da Gala cunha actuación na que simularon chegar tarde e, abríndose paso entre o público, acadaron o escenario á vez que se daban os últimos toques de peiteado e vestimenta.Morris e Manuel Manquiña, os mestres de cerimonias da Gala do ano pasado, pasaron o testemuño ao seu sucesor para esta ocasión, o cantante Sergio Zearreta, que foi dando entrada e saída aos distintos momentos da Gala. 

A Gala dos VII Premios Mestre Mateo, que foi dirixida por Jorge Coira baixo o guión de Carlos Portela, tivo como patrocinadores á Xunta de Galicia, a través dos departamentos correspondentes ás areas de Comunicación, Cultura e Industria. Así mesmo, contou co patrocinio do Concello de Pontevedra (Pazo da Cultura) e da Televisión de Galicia. Os colaboradores da presente edición foron: Fundación Aisge, SGAE-Fundación Autor, Clúster Audiovisual Galego, Gadisa e Spica. 

 

 

Semana do Audiovisual Galego

Encontros Mestre Mateo

 

 

Patrocinadores

{loadposition patro_mm08}

 

 

VII  Gala Premios Mestre Mateo

{morfeo 21}