‘VIAXE INTERIOR POLA PROVINCIA DO BIERZO’ NO I ENCONTRO INTERNACIONAL DE LITERATURA DE VIAXES

22 / 06 / 2010

Dentro do programa de actividades do I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes (LITVI), este mércores proxectase a longametraxe documental Viaje interior por la provincia del Bierzo, complemento audiovisual dunha obra de gran formato, escrita e dirixida por Carrera, que foi editado e producido por IBISAtv. É a primeira vez que en Galicia se proxecta o documental da viaxe, relato audiovisual de 76 minutos de duración que enriquece esta radiografía ecolóxica e humana do Bierzo do S.XXI.

 

Viaje interior por la provincia del Bierzo é o froito dunha viaxe dun mes recorrendo El Bierzo a cabalo, en bicicleta, en globo, a pé e en balsa; unha aventura que iniciaron Valentín Carrera, as nenas Sandra e Alicia Carrera e o fotógrafo Anxo Cabada precisamente un 23 de xuño. A longametraxe documental que se proxectará o mércores é parte do resultado desa viaxe. A outra é un extraordinario libro de gran formato, de casi cincocentas páxinas a toda cor, cunha parte literaria, topónimos, mapas, poemas, cadernos de viaxe de Sandra e Alicia Carrera Castaño, e fotografías de Anxo Cabada.

Valentín Carrera, berciano afincado en Galicia, é escritor, xornalista, produtor e realizador audiovisual, produtor executivo de IBISAtv dende fai máis de vinte anos. Viaxeiro infatigable, ten visitado un centear de países nos cinco continentes, dende Xapón á Antártida, navegou polo Gran Sol, o Nilo, o Amazonas e escribiu crónicas viaxeiras de Bretaña (Viaje al país de los druídas), Portugal (Viaje a Portulicia), Kenya, Perú e Exipto. O seu último periplo é Viaje interior por la provincia del Bierzo, que foi presentado internacionalmente no Instituto Cervantes de Londres, e que esta semana poderemos ver dentro das actividades do LITVI.

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: