MAÑÁ NA 2 “O FUTURO DE OUMAIMA”, LINATAKALAM

23 / 06 / 2010

A 2 de TVE emite mañá a última entrega da coproducción internacional Linatakalam, producida por IBISAtv baixo a direción de Valentín Carrera e patrocinada pola Alianza de Civilizacións.

 

Mañá xoves, ás 23:35 horas, La 2 emite un capítulo sobre nenos, esperanza dun futuro común, outro lugar para o noso encontro. Un Linatakalam versará sobre a búsqueda de camiños comúns para unha formación, aprendizaxe e desenrolo o máis común e semellante posible para os nosos fillos.

O nacemento de Oumaima simboliza o rexuvenecemento de Europa, cuxos bosques arden alí onde o campo se vai quedando baleiro. Falamos, pois, dos nenos e nenas que medran hoxe en tódolos países do Mediterráneo: deles é o futuro e nosa a responsabilidade de deixarlles un mundo mellor. Ou o reto de ofrecerlles unha educación en valores democráticos e compartidos. Quizáis tódolos nenos do Mediterráneo deberan estudar nas escolas unha mesma asinatura: Linatakalam, a arte da convivencia.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: