VI EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET

21 / 10 / 2009

Comprácenos comunicarlle que a Asociación de Empresas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) convoca a VI Edición dos Premios Eganet, aos que poden concorrer todas as entidades, profesionais e empresas galegas ou con especial relación con Galicia que desenvolvan produtos e servizos TIC.

Hai nove categorías nas que pode inscribir a súa candidatura ou candidaturas: E-Emprendedores,  Cultura Dixital; Software Libre; Tecnoloxía Accesible; Comunicación Web; Mellor Ambiente Laboral, novidade da presente edición, Publicidade Online; E-Comerce; e Mellor Aplicación Online.

Comprácenos comunicarlle que a Asociación de Empresas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) convoca a VI Edición dos Premios Eganet, aos que poden concorrer todas as entidades, profesionais e empresas galegas ou con especial relación con Galicia que desenvolvan produtos e servizos TIC.

Un xurado externo a EGANET e formado por expertos en cada categoría elixirá unha lista con catro finalistas por categoría e darase a coñecer o gañador de cada unha delas na gala de entrega dos galardóns, que se celebrará o vindeiro 16 de decembro, en Santiago de Compostela.

Nas cinco edicións dos Premios EGANET lévanse presentado máis de 600 proxectos cunha participación de arredor de 500 empresas galegas que foron recoñecidas e presentadas na gala de entrega ante máis de 200 asistentes.

O prazo de presentación das candidaturas mantense aberto ata o vindeiro día 13 de novembro e a formalización destas pode efectuarse cumprimentando o formulario que figura na web www.premioseganet.com; enviando o dito formulario ao enderezo electrónico candidaturas@premioseganet.com ou remitíndoo por correo postal ao enderezo Rúa Pérez Constanti nº12-1º de Santiago de Compostela.

Pode obter máis información, consultar as bases completas do premio e presentar os seus proxectos na web www.premioseganet.com

En nome da xunta directiva de EGANET quero animar a súa empresa, entidade ou centro a presentar a candidatura ou candidaturas que estime oportuno, segundo as bases que rexen esta edición.

Atentamente

Beatriz Legerén

Presidenta de EGANET

 

Rúa Pérez Constanti, 12 -1º

15702 Santiago de Compostela

Tel.: 881 97 69 30/Fax.: 881 97 69 32

www.eganet.org

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: