ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NOS VIII PREMIOS EGANET

5 / 12 / 2011

Segue aberta a convocatoria da oitava edición dos Premios Eganet, cuxa gala de entrega de premios celebrarase en Santiago o vindeiro mércores 21 de decembro ante máis de 200 persoas vencelladas ao sector TIC galego.

Con esta iniciativa Eganet quere promocionar e servir de plata­forma de lanzamento para os proxectos TIC realizados por empresas galegas. Dende a súa primeira edición no ano 2003, os Premios Eganet convertéronse no acto de maior repercusión dentro do sector TIC galego.

As categorías propostas son:

1. Premio PROXECTO EMPRESARIAL TIC

2. Premio PROXECTO EMPRENDEDOR TIC

3. Premio APLICACIÓN SOFTWARE

4. Premio COMUNICACIÓN DIXITAL

5. Premio PROXECTO DE NEGOCIO ONLINE

Na súa páxina web (www.premioseganet.com) poderás atopar toda a información que precises para inscribirte (antes do día 8 de decembro ás 23:59 horas) e para escoller en que categoría encaixa mellor o teu proxecto.

Para máis información podédesvos poñer en contacto co equipo de xestión da asociación no tlf. 981 530 352.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: