ÚLTIMAS PRAZAS PARA OS OBRADOIROS EN “EL TALLER DEL CASCANUECES”

30 / 01 / 2012

Mañá, día 31 de xaneiro finaliza o prazo de inscrición para os obradoiros de escritura creativa, poesía, fotografía, edición de vídeo e Stop Motion que se celebrarán en El taller del Cascanueces, un espazo de creación multidisciplinar situado no centro de A Coruña, e que comparte espazo coa librería do mesmo nome. Tamén nos meses de febreiro a abril celebrarase un Club de Lectura sobre novela actual que contará coa participación dos propios autores: Fernando Marías, febreiro, Lorenzo Silva, marzo e Ignacio del Valle, abril.

Entre os compromisos deste novo espazo, dirixido por Pedro Ramos, cabe destacar que tódalas actividades serán impartidas por creadores en activo, os grupos estarán limitados a un máximo de dez participantes e que estes terán un 5% de desconto en tódolos libros que compren na Librería Cascanueces.

Para información detallada sobre os obradoiros e outras actividades, podedes chamar ao teléfono 881 88 79 39 ou escribir un correo electrónico a eltallerdelcascanueces@zaerasilvar.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: