A curtametraxe noruega Tuba Atlantic foi o preferido polo público do ciclo “Curtocircuito na rúa”, que se desenvolveu do 2 ao 30 de agosto en distintas prazas do casco histórico de Santiago de Compostela.

Exhibíronse nesta edición de “Curtocircuito na rúa”, 29 curtametraxes procedentes do IX Festival Curtocircuito de Santiago de Compostela, que organiza o Concello, repartidos en catro sesións: dúas delas de traballos internacionais, outra de curtas nacionais, e a última de obras galegas. O evento rexistrou unha asistencia de público de máis de 1.000 persoas. O premio do respectable, dotado con 1.000 euros, recibiuna a noruega Tuba Atlantic, de Witzo Hallvar, un dos máis premiados este ano en todo o mundo, que foi incluso finalista á mellor curta de ficción nos pasados Oscar.

En paralelo, as curtas de Curtocircuíto viaxan a festivais de todo o mundo co obxecto de divulgar o Festival Internacional de Curtametraxes. Nos últimos meses, presentáronse varios programas de curtas no marco de certames internacionais como o Festival de Cine Europeo de Brest, en Francia, ou a Mostra Xove da Habana, en Cuba, entre outros. A próxima parada será no Festival de Cine Iberoamericano de Nova Inglaterra, en Estados Unidos, que se celebrará do 22 ao 30 de setembro, onde se presentarán traballos galegos, así como de todo o resto do estado español.

 

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}