O Consorcio Audiovisual de Galicia, xunto coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) e o programa Cinema do Brasil ten previsto organizar o 3º Encontro Audiovisual Galicia-Brasil na cidade de Salvador de Bahía o vindeiro mes de marzo de 2009.
Con esta acción, preténdese dar continuidade e consolidar o interese acadado nas edicións anteriores celebradas en São Paulo (marzo de 2007) e na Coruña (xuño de 2008), que contaron coa participación dunha trintena de produtoras, así como representantes dos colectivos audiovisuais de ambos os dous territorios.

Durante este evento anunciarase a publicación da Orden do 2º Fondo de Coprodución Galicia-Brasil que, como novidade nesta convocatoria, incorporará unha axuda a un proxecto documental, ademais dos xa existentes para dúas longametraxes de ficción e animación.

O evento constará, ademais, da 2ª Mostra de Cine Galego e un Encontro entre produtores galegos e brasileiros.

En breve comunicarase tanto o contido da Mostra coma o nome, historial e proxectos das produtoras brasileiras que participarán, posto que aínda estanse a pechar estes detalles.

Para participar no Encontro entre produtores galegos e brasileiros compre presentar no Consorcio Audiovisual de Galicia antes do 26 de xaneiro un proxecto para coproducir con Brasil. A participación será avaliada en base aos seguintes criterios:

 Posuír un proxecto audiovisual en coprodución con Brasil ou na procura de coprodución con este país.
 Ter un proxecto en desenvolvemento en fase de procura de financiamento ou distribución.

Máis información :

Consorcio Audiovisual de Galicia
c/ Hórreo, 61 -1º
15.702 Santiago de Compostela
(A Coruña) ESPAÑA – SPAIN
Tlfn: +34 981 957 182
Fax: +34 981 545 847
email: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org