PALMARÉS 2008 DO FESTIVAL ANIMACAM

2 / 01 / 2009

Animacam, Festival Internacional de Animación On Line, pechou a súa Primeira Edición o pasado día 21 de decembro, solsticio de inverno, difundindo en www.animacam.tv o Palmarés 2008 dos 11 filmes premiados.
Desde o 23 de xuño até o 1 de outubro, tense percorrido un intenso camiño. Con máis de 75.000 visitas e a participación de164 filmes, procedentes de 33 países (Arabia Saudita, Alemania, Arxentina, Australia, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Brazil, Chile, Croacia, Exipto, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, India, Irlanda, Israel, Italia, Xordania, Malasia, México, Peru, Portugal, Rumania, Rusia, Ucrania, United Kingdom, Uruguay, USA, Venezuela) tense dado os primeiros pasos. Entre os filmes premiados obsérvanse grande variedade de estilos e técnicas de animación, que van desde o 2D máis tradicional até o 3D, a animación con area, a plastilina, o stop-motion ou o flash.

Como mostra da diversidade cultural e a riqueza expresiva dos “peregrinos virtuais”, internautas rexistrados como usuarios de 43 países (Arabia Saudita, Alemania, Arxentina, Australia, Bélxica, Bosnia-Herzegovina, Brazil, Chile, Canada, Colombia, Illas de Comoro, Croacia, Exipto, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, India, Irlanda, Israel, Italia, Xordania, Malasia, Mexico, Nueva Zelanda, Panamá, Perú, Portugal, Rumania, Rusia, Senegal, Suecia, Suiza, Ucrania, United Kingdom, Uruguay, USA, Venezuela) teñen feito merecedores dos premios de 2.000¤, mediante o seu voto, a cada un dos seguintes filmes:

SECCION OFICIAL (22.000¤ totais en premios):

CATEGORÍAS A CONCURSO
• 6 dotadas con 2.000¤ cada unha.
• Voto exercido polo público vía rexistro de usuario.

1. Mellor Spot Publicitario de Animación: «Vida Nocturna». Cesar Díaz. España-2007. 292 votos.

2. Mellor Curtametraxe de Animación: «Le Chène». Pierre Paris. Francia-2008. 442 votos.

3. Mellor Piloto Serie Animada de TV: «Diario Misterio». Ariel López Verdesco e Caramba Studio. Axentina-2007. 164 votos.

4. Mellor Animación para Teléfonos Móbiles: «Snot News». Vittorio Pirajano e Monigotes Estudio 2.0. España-2008. 149 votos.

5. Mellor Piloto Videoxogo: «Piópa, Unha Aventura Diferente». Francisco Blázquez e Vector Animado. España-2007. 132 votos.

6. Mellor Animación Retrospectiva: «Unha Historieta de Ciencia Fixión». Pablo Alibaud e Valpo Animación. Chile-2005. 279 votos.

PREMIOS ESPECIAIS
• 5 dotados con 2.000¤ cada un.
• Concedidos pola Organización do Festival.

1. PREMIO CAMPUS TERRAE: “Celesc”. Rodrigo Israel Guimarâes e Dr. Smith Imagen e Movimento. Brasil-2001.

Pola súa orixinalidade na defensa e concienciación para a protección do medio ambiente e o uso racional da enerxía.

2. PREMIO CAMPUS AQUAE: «Rain Down from Above» de Ivan Makximov e Master-film. Rusia-2007.

Pola súa calidade artística e a súa grande sensibilidade ao tratar o tema da auga desde a súa vertente máis tráxica.

3. PREMIO GALICIA NATURAL: «FAO, Giornata Mondiale Alimentazione» de Donato Di Carlo e a productora Dadomani. Italia-2007.

Pola súa temática referida á importancia decisiva da alimentación e a saúde para a humanidade.

4. PREMIO ANÍMATE A LEER: «Baba Yaga» de Maryna Shchipak e Filmakademie Baden-Württemberg. Ucrania-2008.

Pola súa obra basada en contos e lendas populares da cultura popular dos países da Europa do Este.

5. PREMIO CAMPUS STELLAE: «Space Alone» de Ilias Sounas. Grecia-2007.

Ante a carencia de filmes de contidos explícitos relacionados co Camiño de Santiago, nesta primeira edición, a Organización do Festival decidiu outorgar este premio especial a dito filme, polos contidos que a relacionan coa viaxe, a amizade, os confins do mundo, a búsqueda e o encontro.

Animacam felicita aos Gañadores e agradece a colaboración de Usuarios e Participantes e a implicación dos Patrocinadores e Colaboradores (Consellería de Industria, Xacobeo, TurGalicia, Consellería de Cultura -Axencia Audiovisual Galega- e Tecnópole): sen todos eles tería sido imposible chegar até aquí.

Finalmente, os organizadores de Animacam convida a seguir facendo este Camiño a través da Segunda Edición do Festival, que dará comezo o día 23 de Xaneiro de 2009, con novas seccións e novos premios.

Categoría: Noticias
Etiquetas: