SEMINARIO DE FX VISUAIS ORGANIZADO POR CREA

25 / 06 / 2013

O próximo luns 1 de xullo CREA pon a andar o que será un plan continuado de actividades formativas dirixidas aos directores e realizadores galegos. E fano cun seminario a cargo de Ferrán Piquer, un dos mellores especialistas europeos no campo dos efectos visuais gañador nos Goya 2011 por Balada Triste de Trompeta e supervisor de máis de 30 películas entre elas Las brujas de Zugarramundi, Combustión, Blancanieves, La Chispa de la Vida, Camino, Pájaros de Papel, Salvador, Los Borgioa, Sexykiller ou Mapa de los sonidos de Tokio.

O seminario terá lugar  vindeiro luns, día 1 de xullo de 16.300 a 20.30h na Seda da Fundación Autor / SGAE en Compostela. Tedes máis información en formacion@galiciacrea.org ou en www.galiciacrea.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: