EL ROCK NUESTRO DE CADA DÍA, DOCUMENTAL MUSICAL GALEGO, MAÑÁ NO CGAI

21 / 06 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta maña sábado día 22 de xuño (18.00 horas) o documental musical galego EL ROCK NUESTRO DE CADA DÍA (2013) de Segundo Grandío, unha produción de R e Casa de Tolos. A entrada é de balde. EL ROCK NUESTRO DE CADA DÍA   

(España, 2013)
Dirección: Segundo Grandío. Guión: Casa de Tolos e Moon Cresta. Produción: R e Casa de Tolos. Fotografía: Casa de Tolos. Duración: 57 minutos.  
Hoxe en día, no mundo hai milleiros de grupos musicais de todos os estilos cunha meta: conseguir a profesionalización e poder vivir da música, a súa paixón. O grupo vigués Moon Cresta é un exemplo mais de este perfil. Fan moi ben o seu traballo dentro e fóra do escenario pero cada un dos membros tense que adicar a outra profesión, por sorte relacionada coa música. Ademais de repasar as dedicacións profesionais dos compoñentes de Moon Cresta analisamos a industria musical (management, editoriais, discográficas…) e factores que poden influir no éxito e fama duna formación musical: a estética, o estilo musical, os ensaios, a promoción ou o marketing.

Categoría: Noticias
Etiquetas: