SEMINARIO DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS FORMATOS DE ENTRETEMENTO

30 / 01 / 2012

A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) organiza por primeira vez en Galicia un Seminario de Desenvolvemento de Novos Formatos de Entretemento no que se analizarán temas como o proceso de creación dun formato de non-ficción, as novas tendencias a nivel internacional ou en que consiste un departamento de I + D de televisión. O Seminario será impartido por Emilio José Zarzuela, Director do Departamento de I + D de Boomerang TV -unha das produtoras líderes en entretemento en España xunto a Endemol e Gestmusic-, creador e/ou adaptador de exitosos formatos como La voz, Pekín Express, Soy lo que como, Ajuste de cuentas, Soy el que más sabe de televisión del mundo…

O evento terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela o venres 10 de febreiro de 2012 de 17.30 a 21.00.
   
A inscrición será gratuita para os socios AGAG. As tarifas para os non socios AGAG son de dous tipos:

Tarifa reducida: Estudantes de Módulo/Facultade/Escola Audiovisual 20 €
Tarifa xeral: 25 €

No flyer adxunto está toda a info sobre o programa do Seminario así como sobre o procedemento de inscrición na mesma.

Categoría: Noticias
Etiquetas: