EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) son os organizadores do Seminario sobre as Claves dos contratos Audiovisuais, que comezou hoxe e continúa mañá 17 de xuño no Club de Prensa de Santiago de Compostela.
O programa está dirixido a aqueles responsables de empresas interesados en profundar na comprensión dos contratos audiovisuais e en aprender a aproveitar mellor todas as súas posibilidades.

As peculiaridades da producción e comercialización audiovisual fan que os contratos deste sector sexan especialmente complexos e cheos de matices. Por iso, EGEDA e AGAPI organizaron este seminario de dous días de duración, co obxectivo de que os profesionais que se moven neste sector poidan coñecer todos os aspectos destes acordos contractuais e obteñan un comercialización proveitosa da obra audiovisual.

O programa deste curso, que se desarrrolla no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, inclúe realización de casos prácticos e foro para resolver dúbidas analizando os contratos que se expón con cada profesional: director, actores, técnicos, etc. Ademais tamén se abordarán os detalles da contratación da música nas películas, a publicidade, a promoción ou os contratos de coprodución. Todo iso a cargo do especialista en dereito audiovisual José Antonio Suárez Lozano.

Máis información: www.agapi.org ou nos teléfonos 981 562 344 ou 981 577 747.