RETÓMASE O PROXECTO SGAE EN CURTO

26 / 05 / 2011

A SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) a través da súa nova marca especializada para o sector audiovisual SG Audiovisual, retoma o proxecto “SGAE en CURTO” que dende o 2000 puxo en marcha co fin de dar a coñecer as curtametraxes en salas de cine.

 SGAE en CURTO volve cunha nova sala onde programar curtametraxes de maneira permanente, a Sala Berlanga, na rúa Andrés Mellado 53, no barrio de Argüelles en Madrid.

Quen queira participar en SGAE en CURTO 2011, ten as bases do programa adxunto máis abaixo (realizar unha estrea e/ou para que a curta sexa programada nos próximos meses). Hai dous prazos para a entrega da ficha de participación e os materiales docilitados:

– A primeira remata o xoves 28 de xullo de 2011, ás 14:00 horas.

– A segunda finaliza o xoves 24 de novembro de 2011 ás 14:00 horas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: