INAUGURACIÓN DE “INÉDITOS”, DE UXÍO LÓPEZ

27 / 05 / 2011

Hoxe, venres 27 ás 20.30h no Spaf Mr Misto terá lugar a inauguración de “Inéditos” de Uxío López.“Inéditos” son medio centenar de obras do artista plástico arousán, que supoñen un paseo por unha traxectoria de máis de tres décadas adicadas á pintura, ademais “Inéditos” vén acompañado dun traballo audiovisual  “Barullo Branco” onde se reflite o traballo e o particular mundo de Uxío López.

A exposición estará aberta a visitas de centros de ensino, que contarán con unidades didácticas e charlas co artista nos vindeiros dous meses desta colección inédita. “Inéditos” poderase visitar en horario de mañá e tarde de luns a sábado durante os meses de xuño e xullo.

O Spaf Mr Misto,  propón deste xeito unha maneira nova de dar coñecer a obra e o artista, na procura dunha nova comuñón co público, propoñendo a interacción e o debate, preséntase o Spaf Mr Misto como foro aberto, un espazo expositivo innovador, e con clara vocación de procurar un novo xeito de facer cultura. 

Categoría: Noticias
Etiquetas: