REMATE DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS MESTRE MATEO 13

20 / 11 / 2012

Este venres 23 de novembro ás 14.00h remata o prazo para facernos chegar ás vosas producións para participar nos Premios do Audiovisual Galego «Mestre Mateo». Coma novidade nesta XI edición, as categorías dos Premios reducíronse a 23, unificándose algunhas como mellor Longametraxe (longametraxes de animación, imaxe real e películas para televisión) e mellor Curtametraxe (imaxe real e animación), e creando as de mellor Serie Web e mellor Videoclip.

Así, poderán presentar as candidaturas das obras estreadas entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2012 persoas físicas ou xurídicas con dereitos sobre a obra ou académicos con dereito a voto.
Podedes descarga-las bases así como o listado completo da documentación requerida na nosa web, no apartado Actividades – Premios Mestre Mateo – XI Premios Mestre Mateo.

Calquera dúbida que teñades podédesnos chamar aos teléfonos 981 20 83 9 3 e 981 22 77 01 ou no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal

Etiquetas: