«O ETERNO FEMENINO» DE XOSÉ ABAD EN NARÓN

31 / 01 / 2011

A presentación contará cunha ponencia do autor na » I Semana da Solidariedade para o desenvolvemento sostible». “Non son fotos. Son ventás. Xosé Abad abre ventás a realidades que sempre están aí, aínda que non poidamos velas. Realidades protagonizadas por mulleres que nunca desfalecen e que, aínda que ó ollo pouco atento poidan parecerlle as grandes perdedoras da Historia, en verdade sustentan, co seu heroísmo cotiá, os poucos logros que valen a pena da propia Historia que amenaza con arrasalas». Do 31 de Xaneiro ao 4 de febreiro no IES Terra de Trasancos, As Chousas S/N.Narón.

Categoría: Noticias
Etiquetas: