Queridos teatreiros e teatreiras, amigos e amigas:

Supoñemos que de todos é sabido o momento de penuria económica pola que estamos a pasar todas as compañías das Artes Escénicas de Galicia debido as débedas que con nós teñen a AGADIC e os Concellos. Soamente a AGADIC nos debe máis de 1 millón de euros entre as Axudas de Produción 2010 (espectáculos xa estreados e non cobrados) máis todas as funcións realizadas durante os meses de Outubro, Novembro e Decembro tamén de 2010.

Isto fai que non teñamos liquidez e polo tanto non poidamos facer fronte as nosas obrigas de pago de impostos (IRPF, IVE, Imposto de Sociedades) e o que é máis importante, que tampouco poidamos facer fronte ó pago das nóminas dos actores e técnicos das nosas compañías.

Onte pola tarde celebrouse unha Asamblea Xeral en Escena Galega e acordouse o seguinte: CONCENTRARNOS NA SEDE DA AGADIC e esixirlle que NOS PAGUEN XA. Delo vai depender que poidamos continuar coa nosa actividade dun xeito máis ou menos normal. Tende en conta que este é un problema que nos afecta a todos por igual, traballadores e empresarios, e coidamos que é o momento de “dar un golpe na mesa” xa que están a ningunearnos.

Pedimos a vosa axuda e a vosa solidariedade. A concentración queda fixada da seguinte maneira:

DÍA 28 VENRES ÁS 12 DA MAÑÁ NAS PORTAS DA AGADIC Rúa da Vesada s/n (San Lázaro) – SANTIAGO

Esta convocatoria foi enviada a todos os sectores das Artes Escénicas en xeral. VÉMONOS ESTE VENRES. Gracias.

En nome de Escena Galega.
Ernesto Chao