O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) proxecta hoxe martes 25 de maio (20.30 horas) con motivo do Día de Africa a película “Ellas son… África” (2010), dirixida por Patricia Ferreira, Chus Gutiérrez, Laura Mañá e Inés París.
A proxección, en colaboración coa Fundación CEAR-Habitafrica e Ecos do Sur, terá formato de cine-fórum (presentación e coloquio posterior) e contará coa presenza de Arantxa Freire (CEAR) e unha muller inmigrante africana. A entrada a esta sesión é gratuíta.

ELLAS SON… ÁFRICA     
(España, 2010)
Dirección e guión: Patricia Ferreira, Chus Gutiérrez, Laura Mañá e Inés París. Produción: TVE e Bausan Films, coa colaboración da Agencia Española de Cooperación Internacional. Fotografía: David Vázquez. Duración: 50 minutos.
Reunión de destacados nomes femininos do cine español nun filme colectivo dedicado á muller africana. Catro curtametraxes localizadas en Mozambique, Mali, Etiopía e Namibia que reflexionan sobre a educación, a economía, a saúde e o poder por medio da mirada feminina africana. Unha proxección feita en colaboración coa Fundación CEAR-Habitafrica e Ecos do Sur.