O director español Oliver Laxe co filme “Todos vós sodes capitáns”, gañou hoxe o premio FIPRESCI concedido pola crítica internacional no Festival de Cannes, onde participaba na sección paralela Quincena de Realizadores.

A película é un proxecto que xurdiu do traballo de Laxe (París, 1982) con nenos marroquís nun obradoiro de cine en Tánxer, cidade á que chegou en 2006. Trátase da súa primeira longametraxe tras rodar tres curtas.

É unha cinta rodada en branco e negro na ciudade norteafricana, cunha cámara de 35 milímetros e que permitiu ao realizador un traballo manual, según declarou ao presentar o seu filme.

Para esta película o xoven realizador, fillo de inmigrantes galegos, contou coa financiación da Axencia Española para a Cooperación Internacional para o Desarrollo (AECID) e a Axencia Audiovisual Galega.

Os outros dous premios concedidos por FIPRESCI foron parar a ‘Tournée’ do francés Mathieu Amalric e a ‘Pal Adrienn’ da húngara Agnes Koksis.