PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2014 NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

5 / 02 / 2014

O Cineclube Padre Feijóo comeza no mes de febreiro o ciclo “Viaxes e Procuras” coa proxección de La Caza, de Thomas Vinterberg, hoxe mércores día 5 de febreiro ás 18, 20.30 e 23h no Salón de Actos da Biblioteca Nodal de Ourense.

Dicía Aristóteles (no seu Libro I) que «Todos temos un desexo natural ao saber. O pracer que nos causan as percepcións dos nosos sentidos son unha proba desta verdade. Agrádanos por si mesmas, independentemente da súa utilidade, sobre todo as da vista…». En efecto, non só se ten intención de obrar, coa percepción das imaxes que se propoñen os mércores de febreiro, senón que ademais, transítase nas procuras, dos e das protagonistas deste ciclo, que leva o título de «Viaxes e Procuras».

 

Tal vez non exista ningún obxecto práctico ou metafísico visible, pero compleméntase perfectamente nas idas e voltas da nosa memoria, coas viaxes que se propoñen os luns de filmoteca; rematouse a ollada ao festival Amal, cunha road-movie, a visita introspectiva aos inicios da transición de Joaquim Jordá, os inicios do director polaco Roman Polanski, ou, a estrea dun documental inédito (pola censura), sobre a vida de Lou Reed.

Título: «Jagten» · La Caza (A Caza)
Ano: 2012
País: Dinamarca
Director: Thomas Vinterberg
Guión: Thomas Vinterberg e Tobias Lindholm
Música: Nikolaj Egelund
Fotografía: Charlotte Bruus Christensen
Reparto: Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Annika Wedderkopp, Alexandra Rapaport, Anne Louise Hassing
Duración: 111 min.
Productora: Zentropa Entertainments
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital 2’35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: sueco e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Categoría: Noticias
Etiquetas: