O DIRECTOR FERNANDO JOVER RODARÁ A CURTAMETRAXE SKIN HEAD NO CONCELLO DE POIO

5 / 02 / 2014

O director Fernando Jover iniciará o rodaje da curtametraxe Skin Head, escrito por Toti Magdalena, os próximos días 7, 8 e 9 de febreiro en distintas localizacións do Concello de Poio.

Skin Head conta a historia dunha familia acomodada, que ten que enfrontarse a unha situación incómoda por non comunicar ao seu fillo unha enfermidade grave que padece a nai. A historia está interpretada por actores de consolidada traxectoria no panorama audiovisual: Nuria Gullón, Machi Salgado e Manuel Randulfe.
A historia pretende ser un cántico a tantas persoas que están padecendo unha enfermidade grave así como alertar sobre a proliferación de brotes ideolóxicos extremistas, que buscan aniñar nas mentes máis débiles.
A curtametraxe Skin Head levarase a cabo por máis de trinta profesionais do mundo audiovisual que virán de distintos puntos da xeografía española para colaborar no proxecto. Ademais foi financiado en parte mediante mecenazgo e recibiu a colaboración do excelentísimo Concello de Poio e da Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: